Páginas

Blogues de Melgaço

terça-feira, 17 de fevereiro de 2015

Castro Laboreiro: Refúgio para os galegos fugidos à Guerra Civil Espanhola (1936 - 1939) - PARTE 1


Castro Laboreiro em 1935

"No primeiro semestre de guerra civil, o número de refuxiados españois na freguesía de Castro Laboreiro, se ben de xeito non estable, acadou, según testemuñas orais, unha cifra entre catrocentas ou oitocentas persoas, cifra que debeu convertirse nunha preocupación, especialmente para os falanxistas da zona que coñecían á perfección o territorio e mantiñan vínculos de intimidade con moitas das familias dos refuxiados, preocupación que finalmente acabarían asumindo as forzas represivas portuguesas, moi especialmente a PVDE.
Axiña comenzarían as batidas polas serras, polas brandas e polas inverneiras, na procura dos refuxiados. Os comandantes dos postos, especialmente o de Castro Laboreiro, reciben periodicamente ordes de manter unha rigorosa e persistente vixilancia.
Algúns días despois amplíanse as ordes, que sinalan que se faga unha limpeza completa de tódolos estranxeiros indocumentados, malia que o número de fuxidos vai medrando ós poucos. A PVDE sabe da presencia en Castro Laboreiro de varios refuxiados na inverneira de Cainheiras, no lugar fixo de Portelinha, etc. Os falanxistas españois introducíronse en territorio portugués con asiduidade desde as primeiras datas da sublevación, mesmo obrigando a intervención da Comandancia Militar de Ourense que se viu na necesidade de castigar preventivamente a eses elementos incontrolados.
Son moitas as notificacións das policías portuguesas sobre a presencia de “refuxiados comunistas espanhois” entre a fronteira de Ameijoeira e Castro Laboreiro: o grupo formado por Manolo “O do Dente de Ouro” e o expolicia da Generalitat de Cataluña Ramón Yañez Pereira “O Médico”, que se movían por toda a freguesía de Castro Laboreiro, xunto coa amante deste último, Rosa Alves “A Africana”, veciña de Ribeiro de Abaixo, e nai de catro contrabandistas fuxidos perseguidos insistentemente pola policía portuguesa e considerados peligrosos como o comunista de Bande
Felisindo Lopez Pazos e José Alemany. Outros fuxidos menos significados como José de Sousa, “O Gaiteiro”, natural de Pereira (Entrimo), etc. Naquela extensa área que vai desde Alcobaça ata Ribeiro de Baixo estableceuse unha persistente vixilancia, que, sen
embargo, resultaba demasiado ampla e difícil de controlar polos obstáculos naturais e a facilidade de refuxios, a meirande deles furnas ou grutas, que topaban os fuxidos na serra cando eran perseguidos.
Desde os postos de Portelinha e Castro Laboreiro tratouse de localizar e capturar ó refuxiado Pepe Trabazos, protexido por unha cidadá portuguesa residente na branda de Queimadelo, quen coa chegada do inverno trasládase a inverneira no val de Pereira, mentres o seu protexido mantense arriba na branda. A policía portuguesa sigue organizando batidas, algúns dos refuxiados preocupan máis ca outros. Ás veces son grupos de sete ou oito policías." (...)

:::::::::::::::::::::::::: CONTINUA :::::::::::::::::::::::::::


Texto extraído de:
A represion franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria; Narón, 4 a 7 de decembro de 2003; Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática. 

Sem comentários:

Enviar um comentário